Delegación As Mariñas

O inicio da creación da Delegación foi a preocupación pola conservación da zona húmida das Brañas de Sada.  Comezamos a traballar no 2004 e creamos no ano 2005 a delegación de As Mariñas, con sede no concello de Sada (A Coruña).
Dende o inicio as campañas para dar a coñecer este humidal xunto coa reclamación dunha protección eficaz para esta zona lindeira co casco urbano de Sada marcaron as nosas actuacións máis importantes.

Divulgamos

Organizamos saídas o campo e cursiños de divulgación como parte da nosas actividades ademáis de debuxo e fotografía da natureza, compostaxe caseiro, identificación de aves invernantes, micoloxía, algas, etc.
Ademais realizamos estudos do noso patrimonio natural co fin de poñelo en valor e dalo a coñecer: descubrindo poboacións de fentos protexidos (Woodvardia radicans), estudando os mamíferos carnívoros na nosa comarca,  e delimitando as zonas ocupadas polo zosteral (Zostera noltii e Zostera marina) na ría de Sada.

Brañas de Sada As mariñas

Protexemos

Son múltiples as campañas que dende esta delegación se levaron a cabo ó longo destes dez anos. Todas elas perseguindo sempre a conservación da nosa contorna. Destacan a realización de alegacións fronte actuacións urbanísticas e de infraestruturas que afectan gravemente o medio natural, coma a conexión da vía Ártabra coa vila de Sada ou o proxecto de recheo da praia de Sada. Redactamos múltiples informes medioambientais entre os que destacan o das Brañas de Sada ou o da costa de Carnoedo (Sada) solicitando a súa inclusión na rede Natura.

Colaboramos

Nalgúns casos unimos forzas con outras organizacións  coma G.N. Hábitat, ADEGA, Rabo do Galo, Plataforma en Defensa da Ría de Betanzos e Sada, entre outras. Tamén temos representación en organizacións como a Asociación de Desenvolvemento Rural de As Mariñas‐Betanzos ou o Grupo de Acción Costeira-Sur. Un feito moi importante para a nosa delegación foi a participación na creación da Fundación Fragas do Mandeo para a custodia do territorio no 2010 na que a SGHN participa do seu padroado xunto con Hábitat e a asociación O Rabo do Galo.

Contacta coa delegación de As Mariñas

Últimas dez entradas relacionadas: