Delegación Pontevedra

Protexendo dende 1983

Inicialmente constituise como unha agrupación local da delegación de Santiago e adoptou o nome de BRIÑAS, en honra ós illotes pétreos fronte Malveiras e Cortegada, as que hoxe forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

As nosas principais actividades céntranse na catalogación da flora e fauna da provincia e xeiras naturalistas, igualmente persoámonos mediante alegacións e propostas diversas naqueles proxectos que teñen relación coa conservación e protección do medio natural na provincia de Pontevedra. Tamén participamos nos censos de aves invernantes, atlas de insectos de Galicia e Atlas de Hérpetos de Galicia entre outros.

Inauguramos e organizamos anualmente as Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade. Coa colaboración de organismos como a UVigo

Na bisbarra de Arousa adicamos especial atención á Illa de Cortegada, a degradación dos ríos Umia e Con, o complexo intermareal Umia-O Grove entre outros. A nivel provincial promovemos a recuperación das Gándaras de Budiño a través do proxecto ValoraNatura así como de diversos LIC provinciais.

Outra das nosas preocupacións son as desfeitas que se fan co arborado urbano, na que podes axudar facendo visible o problema nas redes sociais mediante o hashtag #OsHomesQueNonAmabanAsArbores en fotos de podas agresivas ou usos inaxeitados das árbores. É unha preocupación que compartimos coa conservación da vexetación silvestre no nadal.

Contacta coa delegación de Pontevedra

Últimas dez entradas relacionadas