O Museo de Historia Natural

Unha visita ao Museo de Historia Natural de Ferrol. Nun antigo cuartel exhíbese a colección da Sociedade Galega de Historia Natural, aberta ao público grazas ao apoio do Concello de Ferrol, cunha boa mostra da natureza do Noroeste da península Ibérica.

Una visita al Museo de Historia Natural de Ferrol. En un antiguo cuartel restaurado, se exhibe la colección de la Sociedad Gallega de Historia Natural, abierta al público gracias al apoyo del Ayuntamiento de Ferrol, con una buena muestra de la naturaleza del Noroeste de la Península Ibérica.

A visit to the Museum of Natural History of Ferrol. In an old restored military barracks, the collection of the Galician Society of Natural History is on display, open to the public thanks to the support of the City Council of Ferrol, with a good sample of the nature of the Northwest of the Iberian Peninsula.

Ein Besuch im Naturkundemuseum von Ferrol. In einer alten restaurierten Militärkaserne ist die Sammlung der Galizischen Gesellschaft für Naturgeschichte ausgestellt, die dank der Unterstützung des Stadtrats von Ferrol für die Öffentlichkeit zugänglich ist und ein gutes Beispiel für die Natur des Nordwestens der Iberischen Halbinsel bietet.

Une visite au Musée d’Histoire Naturelle de Ferrol. Dans une ancienne caserne militaire restaurée, la collection de la Société galicienne d’histoire naturelle est exposée, ouverte au public grâce au soutien de la mairie de Ferrol, avec un bon échantillon de la nature du nord-ouest de la péninsule ibérique.

O Museo de Historia Natural (MHN) é unha instalación divulgadora e científica á disposición do público. Procede da actividade social da SGHN ou doazóns particulares , e toda a mostra está feita sen dano á Natureza.

O museo está nunha antiga instalación militar, e ten unha estrutura expositiva distribuída en dous andares. No andar baixo está a recepción, o salón de actos, a Biblioteca da Natureza, un aula laboratorio e un corredor e sala de lectura que acollen exposicións temporais. Acolle tamén instalacións de almacenamento, arquivos e conservación das coleccións.

O andar primeiro hai dúas salas, que suman uns 500 m2, con módulos didácticos atendendo á súa temática, de ambiente terrestre ou mariño.

As dependencias integran un xardín con interesantes especies froiteiras, arbustivas e arbóreas.

O MHN está aberto gratis ao público, grazas a un convenio co Concello de Ferrol, co seguinte horario:

  • De martes a sábado: de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 h.
  • Domingos e festivos: de 10:30 a 14:00 h.
  • Luns: pechado.
  • Xullo e agosto: de 10:30 a 14:00 h.
  • 1 de xaneiro e 25 de nadal: pechado.

Para calquera aclaración, así como para deixar/recoller material ou fauna ferida no local, poden chamar aos teléfonos 881931315 e 698141384 dentro do horario sinalado en cor vermella.

O MHN ofrece visitas guiadas a grupos maiores de 5 ou máis persoas baixo demanda, e visitas libres.

O criterio seguido para a formación da mostra expositiva é que ningún animal sexa capturado ilegalmente, nin sacrificado ou danado e ningunha especie esquilmada para a súa mostra, mantendo sempre unhas normas éticas no seu contacto coa natureza, encamiñadas a non alterar o medio.