Situación da carballeira de Caldas de Reis

Carballo deitado por debilitamento das raizames

Carballo deitado por debilitamento das raizames

A Sección de Entomoloxía da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) presentou con data 07-02-2014 sendos escritos por rexistro dirixidos ó Concello de Caldas de Reis (PDF) e Conselleria de M.A., Territorio e Infraestruturas (PDF). Neses escritos solicitábanse unha serie de medidas para mellorar a situación da Carballeira de Caldas de Reis, así como unha reflexión pausada sobre a actuación sobre un insecto presente nos Carballos da zona é ó que se quere responsabilizar da situación da Carballeria. O Citado insecto é un escarabello denominado Cerambyx cerdo que está amparado por varias figuras de protección e catalogación como:

Categoría UICN: Vulnerable A1c+2c
Anexo II e IV da Directiva 92/43/CEE relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. O Anexo II contén as especies para as cales é necesario designar zonas especiais de conservación e o Anexo IV é para as especies que requiren proteción estricta.
Anexo II do Convenio de Berna de 1979, como especie de fauna estrictamente protexida.

O normal para esta especie é que as súas larvas se alimenten de madeira morta de árbores xa debilitadas pois este insecto non provoca o debilitamento da árbore e o podrecemento da madeira. Nunha inspección ocular na zona observouse un proceso de podrecemento da raizames, que unido ós temporais pasados, doadamente é a causa principal da caida de varias árbores da zona.

Na Carballeira observouse tamén certa deixadez que non favorece á saúde das árbores, como diverso cableado pendurado das árbores e nalgún caso o arame estrangulando a codia da árbore, o que provoca a restricción ou eliminación do movemento da salvia na zona do xilema e floema provocando a morte ou debilitamento das partes superiores das árbores.

Se ben pódese observar un debilitamento xeral da saúde da carballeira, sen dúbida, este debilitamento non se debe ó Cerambyx cerdo ou como moito ten unha influencia mínima nesta situación.

Cableado pendurado do carballo

Cableado pendurado do carballo

Por estos motivos SGHN solicitoulles ao Concello e á Consellería:

Que non se empreguen tratamentos fitosanitarios indiscriminados no arborado desta carballeira.

Que nos estudos que de fagan sobre a situación fitosanitaria da carballeira, tamén se inclúa a determinación da posible presenza de patóxenos no solo, por se houber algún problema fúnxico ou similar no mesmo.
Que se proceda á reposición do arborado faltante con exemplares de orixe xenética certificada galega, ó obxeto de reducir contaminacións xenéticas.
Igualmente proponse que se tome nota do que se fai noutros parques europeos, como por exemplo o Tiergarten de Berlín. É habitual empregar as polas e árbores que sexa necesario podar por seguridade para os usuarios do parque, para acumulalas en determindas zonas para que as larvas de diversos insectos xilófagos as empreguen no seu ciclo vital. A SGHN ofreceu a súa dispobilidade, gratuita, para deseñar paneis informativos sobre os motivos e ciclos vitais destes interesantes e protexidos insectos.
Que se retire o cableado aéreo.