Taller de iniciación ao coñecemento das aves invernantes

A Delegación de As Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural organiza un taller de iniciación e coñecemento das aves invernantes impartido polo encargado da nosa sección de Ornitoloxía Álvaro Rodríguez Pomares xunto con Calros R. Silvar. Consta de tres sesións de hora e media para mostrar as especies máis importantes (19 e 26 de febreiro) e unha introdución aos censos de aves invernantes ( 27 de febreiro). Estas charlas serán gratuítas pero haberá que anotarse antes por cuestións organizativas. Ademais faremos unha visita guiada por Álvaro Rodríguez ao complexo intermareal Umia-O Grobe o domingo 28 de febreiro. A visita terá un custe de 20 € para non socios e 15 € para socios. Débese pagar antes do 18 de febreiro na nosa conta bancaria, indicando o nome completo das persoas e DNI. Tamén é preciso enviar estes datos por correo-e a asmarinhas@sghn.org. Se alguén ten dificultades para realizar o ingreso bancario debe consultar con nós. Temos un límite de 25 prazas. Ás persoas que non poidan acudir e avisen antes do 26 de febreiro seralles reintegrado o importe.