Unha Limia Limpa é posible!!!

Seguimos a traballar na veiga de Gomareite, retirando o lixo para mellorar o hábitat de especies prioritarias e conseguir máis espacio e mellor pasto para o gando vacuno en extensivo. Nesta ocasión as intervencións centráronse na retirada dos entullos e residuos que ao longo dos anos foron restando superficie útil de terreo, tanto para o uso gandeiro como para as especies de flora e fauna propias das veigas limiás. Este é un proxecto que avanza grazas ao esforzo e empuxe dun grupo de persoas comprometidas e teimudas que non se desalentan fácilmente a pesares das predicións meteorolóxicas e do traballo a realizar.

A xornada comenzou có resumo das últimas novidades pois esta xornada inclúese dentro dun proxecto patrocinado por SEO/BirdLife e Ecoembes:LIBERA, naturaleza sin basuraLIBERA patrocina 50 actividades seleccionadas a nivel nacional cunha dotación máxima de 1500 euros por proxecto.

A proposta presentada por SGHN: “Acción para revertir parcialmente y atenuar la degradación sufrida por los procesos de desecación, concentración parcelaria y vertidos de basura, escombros y resíduos en la Veiga de Gomareite” foi unha das selecionadas e non cabe dúbida de que a intervención da SGHN en Gomareite conta con razóns de peso, por tratarse dun proxecto de longa actuación que conta cun acordo de custodia do territorio para desenvolver un proxecto de gandeiría en extensivo sobre un anaco da desecada Lagoa de Antela e dentro da ZEPA de A Limia.

Xa postos en antecedentes, cunha temperatura de -1ºC e néboa espesa os colaboradores deseguida poñen máns a obra, uns recollendo todo tipo de lixo, sobre todo residuos de plástico amoreados e cubertos por restos de cachotes, bloques, forxados, terra e pedras e o resto dos sacrificados participantes actuando sobre algúns montóns de lixo cuberto polas silveiras para poder identificar e facilitar ó acceso aos residuos amoreados; e ao mesmo tempo abrindo o espazo de veiga perdido.

Para os habituais colaboradores o traballo a realizar xa era coñecido pero algún dos novos sorprendeuse do que alí había e do inmenso traballo que supón a retirada dos grandes plásticos agrícolas mesturados con outros materiais inertes e vexetación que debe de ser retirada previamente. Eso sí, os novos tamén se decataron da depurada técnica coa que se actúa: fraccionamento das láminas plásticas para facelas manexables, envoltura e compresión para reducir o seu volume e aplastamento final dentro do saco de recollida. A medida que progresa o traballo aparecen outros residuos que se separan, principalmente vidro e pneumáticos, os vidros agrúpanse para deposición nos contedores selectivos de vidro e os pneumáticos entregaranse por separado a xestor autorizado.

Normalmente ao longo da mañá faise unha parada para recobrar folgos aproveitando para falar e comentar temas variados pero neste día a mañá pasou voando e non houbo parada ningunha ata a hora de xantar, segundo o previsto comida quente e a cuberto.

Secuencia do antes, o durante e o despois da laboriosa “excavación arqueolóxica” dun importante xacemento do “Plasticolítico superior”. Por suposto, os traballos estiveron dirixidos por un arqueólogo de recoñecida experiencia, tanto no Paleolítico como no Plasticolítico.

“Ex-neveira” e vidros rotos.

E xa pola tarde, o traballo consistíu en rematar o iniciado, recoller os resíduos e xuntar os sacos en lugar accesible para carga e traslado a xestor autorizado. En resumo, e a medida que avanzou a xornada conseguimos retirar plásticos e máis plásticos ata encher 12 sacos de 0,4 m3, recoller 3 capazos de vidro, 2 pneumáticos, restos varios e o armazón dunha neveira.

En fin, como sempre outra magnífica xornada de traballo en A Limia, disfrutando da compañía e cumprindo obxectivos, neste caso a recuperación de humedais e zonas marxinais, mantendo ao tempo os usos tradicionais especialmente a gandeiría. Unha vez máis, coa satisfacción do traballo realizado,MOITAS GRAZAS, BEÓNFEITORES!!!