Xardín do Campus Universitario de Ourense Visita guiada do día 26 de maio de 2018

Despois da visita ao Xardín do Posío o pasado Marzo, o grupo de arborado urbano da SGHN-Ourense, vendo o importante patrimonio arbóreo da cidade de Ourense, decidiu emprender un programa destinado a dar a coñecer os principais espacios verdes da cidade. Como primeira actividade, tras a visita ao Posío, organizou unha visita guiada polos axardinamentos do Campus de Ourense, que se celebrou o pasado sábado 26 de maio.

O relator volveu ser o noso consocio Vicente Rodríguez Gracia, experto botánico e bo coñecedor da historia de Ourense, e nesta ocasión estivo acompañado por D. José Manuel Pérez Teijeiro, responsable da Universidade para o coidado e mantemento das zonas verdes do Campus de Ourense; da man de ambos, puidemos disfrutar dun instructivo e singular paseo por un espacio ben céntrico e aínda así pouco coñecido e pensamos que menos valorado a pesar de contar cunha importante colección botánica, como veremos a continuación.

A xornada comenzou ás 10 da mañá cunha breve introducción na que Vicente relatou a orixe histórica desde Hospital; a súa construcción iniciouse no 1911 e entrou en fucionamento no 1924, sendo a principal institución hospitalaria da Provincia ata o ano 1969 no que foi sustituido polo Hospital de Santa María Nai.

Non podemos esquecer a excelente colección de arces ou a presencia de catro especies de cedros, os clásicos Cedrus atlántica, C. deodaraC. libani ao que se engade o C. brevifolia.

As especies están distribuidas tratando de proporcionar a cada unha as necesidades de luz e humidade que precisan, a ubicación, mantemento, cuidados específicos e incluso a súa historia vital explicóunola o Sr. Teijeiro cunha paixón que nos fai comprender o seu cariño e adicación a este magnífico espazo verde da cidade.

O paseo, con máis de dúas horas de duración, resultou intenso na transmisión de coñecementos e fermoso pola paixón e maneira de transmitilos. Vaia unha vez máis para Vicente e Teijeiro a nosa gratitude pola súa compañía e o tempo dedicado.

E con todo, só puidemos percorrer aproximadamente unha terceira parte dos xardíns, ante esto, e de acordó cós nosos guías, quedamos comprometidos a unha nova visita xa no vindeiro outono, á cal queremos emprazarvos, pois seguro que satisfará a todos.

E seguiremos tamén dando a coñecer o patrimonio arbóreo urbano de Ourense e instando a súa permanencia e conservación ante as autoridades que deben velar por él.