Alicerces de luz

O pasado 24 de xaneiro, compañeiros da  SGHN e de Fotografía  Ferroltera atopábanse en Muras para facer fotografías do ceo nocturno. Preto da media noite observaron un fenómeno atmosférico de inusual colorido que chamou poderosamente a súa atención, sobre todo polo seu parecido a unha aurora  boreal. Eran unha especie de columnas de luz de cores a media altura, entre os que predominaban o azul, o branco e o laranxa. 

Tratábase de “Alicerces de luz”, un fenómeno atmosférico óptico durante o cal estreitas barras de luz parecen estenderse desde o ceo cara ao chan. Non son moi frecuente nas nosas latitudes polas condicións extremas necesarias para que poidan formarse.

Alicerces de luz en Muras

A ilusión óptica créase cando o frío aire invernal fai que millóns de cristais de xeo planos e  hexagonais, balanceándose suavemente dun lado a outro, caian ao chan. Estes cristais forman un espello xigante, que pode reflectir unha fonte de luz como a iluminación das cidades ou de instalacións industriais, creando a aparencia dunha columna de luz alta e delgada.

Aínda que isto soa un pouco contraditorio, porque parece que estes alicerces están radiantes cara ao ceo, en realidade está a suceder o contrario, a luz que viaxa ao espazo reflíctese de regreso ao chan creando a ilusión dun alicerce.

Tamén se sabe que os cristais de xeo de baixa altura crean outros fenómenos atmosféricos estranos, como os arcos tanxenciais, os cans de sol, os arcos da vella de lume e os halos de sol.

Que nós saibamos esta é a primeira vez que un alicerce de luz é fotografado nas nosas latitudes, polo que pensamos que fomos moi afortunados ao poder presentar a todos os galegos este curioso fenómeno  atmosférico. Se durante unha noite moi fría, vedes no alto o que parecen columnas de luz que se estenden cara ao ceo escuro non é un fenómeno sobrenatural, eres un afortunado,  viches o que se coñece como un alicerce de luz. Faille unha fotografía, sorprenderás a todos.