Escándalo de publicidade enganosa!

Prometen “revitalizar corpo e mente”, aportar “un impulso de enerxía”, “unha liberación de enerxía prolongada” e, mesmo, convertirte nun auténtico Ícaro con ás… Pero en realidade é xusto ao contrario: como auténticos vampiros enerxéticos, estas bebidas chuchan toda a enerxía dos seus desgraciados consumidores, deixándoos tan escangallados que nin siquera teñen forzas para levar de volta a lata baleira ata un contedor de envases ou, cando menos, ata unha papeleira.

Bromas aparte, iste é un bo exemplo do xigantesco problema que constitúe a “basuraleza” (o lixo abandonado na natureza) e da urxente necesidade de que, como noutros países, se estableza un sistema de depósito, devolución e retorno para os envases no que ao mercar un produto os consumidores paguemos unha fianza recuperable ao devolvelo.