Humidais galegos: unha débeda pendente

A necesaria restauración dos humidais galegos degradados

Numerosos humidais galegos, tanto na costa como no interior, levan esperando décadas a que se acometa a súa restauración. Tendo en conta que o Plan de recuperación, transformación e resiliencia elaborado polo goberno español contempla a execución de proxectos de re-naturalización e de-construción, nada máis oportuno que afrontar esa tarefa con cargo ao Fondo Europeo de Recuperación.

Por istas razóns, SGHN e GN Hábitat elaboraron un informe que entregaron a finais de 2020 ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Catro anos máis tarde, a débeda segue pendente case na súa totalidade. De momento, só se está a tramitar un proxecto de restauración da enseada de Mera na ría de Ortigueira que coincide co espírito da nosa proposta. É hora de abordar con seriedade a restauración dos outros humidais.