Na praia, só area

A Delegación de Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) colabora coa súa presenza no asesoramento durante a limpeza da praia do Vilar (Covas, Ferrol).

Este evento, que terá lugar o vindeiro sábado 20 de maio a partir das 10.00 horas, é unha iniciativa promovida por Recinor e Rotary Club Ferrol cunha finalidade social, de maneira que ademais desta iniciativa ambiental, os organizadores e as empresas colaboradoras estarán a colaborar acadando fondos en favor da “Fundación Aperta”, unha entidade de Ferrolterra especializada en garantir apoios na toma de decisións a persoas con discapacidade intelectual ou do desenrolo en situación de desamparo.
Desta maneira, por cada quilo de lixo recollido, cada unha das empresas participantes doará 1 € para esta fundación.

As persoas interesadas en participar nesta proposta, poden cursar a súa inscrición no formulario inscripciones.recinor.com antes do xoves 18 de maio.