Reapertura Museo de Historia Natural de SGHN

O Museo de Historia Natural de Ferrol, que iniciou os traballos de reapertura o día 11 de maio, comunica que abrirá ao público o vindeiro luns día 1 de xuño.

Aínda que o persoal do Museo está sempre nas instalacións no seu horario habitual, a partir do 1 de xuño e por mor da concienzuda limpeza e desinfección das súas instalacións, a apertura ao público será de 10:00 a 12:00 h e de 17:00 a 19:00 h de luns a sábado. Os domingos e festivos, aínda que o persoal tamén estará nas instalacións no seu horario habitual, a apertura ao público será de 10:30 a 13:00 horas.

Lembra que tamén podes seguir e coñecer as nosas coleccións na web da SGHN e nas canles de YouTube, Facebook e Instagram.

Museo de Historia Natural de SGHN en Ferrol