Trátase dunha herbácea gabeadora de orixe sudafricana detectada en Galicia por vez primeira en 2006 en Nigrán. Exténdese cara o norte atopándose xa na península do Morrazo e en Vilagarcía. Foi introducida como ornamental pero escapa fácilmente do cultivo. No medio natural gabea por riba de sebes e árbores que emprega como soporte, asfixiándoos e competindo con eles pola luz. Confundible con Delaira odorata (= S. mikanoides), máis ésta non ten flores liguladas, e con S. angulatus, máis éste ten as follas carnosas cos lóbulos menos marcados e flores liguladas máis curtas e claras.

PDF