Que datos persoais recollemos e por qué os recollemos
Comentarios
Non existen lugares dentro desta páxina onde se poidan deixar comentarios, en caso de querer comunicar algo á SGHN fágao a traves das canles proporcionadas no directorio.
Cookies
Este sitio emprega ferramentas de terceiros para xerar datos estatísticos (Google Analytics). Pódese atopar unha descrición actualizada da función e duración das cookies empregadas no manual da API de Google Analytics.
Asimesmo tamén se emprega o plugin de WordPress Wordfence para previr e conter ataques contra o sitio e os visitantes. Pódese atopar unha descrición actualizada da función e duración das cookies empregadas na documentación oficial de Wordfence.
Dende Octubre de 2020 este sitio tamén emprega reCaptcha v3 para detectar bots e accesos maliciosos as páxinas administrativas, isto débese a crecente incidencia de ataques dende o lanzamento da páxina.
Contido incrustado doutros sitios web
Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.
Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.
Analítica
Os datos obtidos mediante as ferramentas provistas por Google Analytics son empregados puramente como ferramenta de desenvolvemento.
Os seguintes datos recóllense con estes propósitos:
- Navegador empregado: Dependendo do navegador existen elementos que poderían malfuncionar ou non funcionar, polo que é necesario saber qué navegadores empregan os usuarios e así poder garantir o correcto funcionamento da páxina neles.
- Dispositivo empregado: Ao igual que co navegador é necesario identificar potenciais problemas de visualizado como letra demasiado pequena ou disposición incómoda do texto en dispositivos móviles
- Tempo empregado e hora da visita: Para determinar qué contidos suscitan unha maior interese nos visitantes e así producir contidos pertinentes e de calidade é necesario saber en cales empregan máis tempo.
- País da visita (a partir de IP): Para adecuar o idioma do noso contido cómpre coñecer o país de orixe da visita e se o número de visitas dende ese país é significativo.
Con quen compartimos os teus datos
Nunca compartimos os teus datos con empresas anciantes ou similares. O seu uso é única e exclusivamente o de xerar analíticas de uso desta páxina co fin de poder ofrecer unha experiencia adecuada ao público que a visita, para o cal son procesados de maneira anónima exclusivamente por Google Analytics.
Canto tempo conservamos os teus datos
Non almacenamos datos dos visitantes. Os datos almacenados limítanse as contas de administradores e editores do sitio.
Que dereitos tes sobre os teus datos
Podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Debido a estratexia e as ferramentas empregadas non se xeran datos persoais dos visitantes excepto a IP (Que é anonimizada e nunca almacenada). Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade. Podes solicitar non ser contabilizado nas estatísticas de visitantes.
Onde enviamos os teus datos
O único terceiro que ten acceso aos datos xerados polos visitantes é Google Analytics. De acordo coa súas políticas e os datos que se recollen para xerar as estatísticas, Google Analytics non recibe datos persoais que permitan identificar a un individuo excepto a IP, que neste caso é anonimizada antes do seu tratamento, polo que non pode ser vinculada cun individuo.
Como protexemos os seus datos
Non almacenamos ningún dato de carácter sensible dos visitantes excepto a información de inicio de sesión dos editores e administradores do sitio.
Empregamos o protocolo HTTPS para protexer a información que circula entre este sitio e os visitantes, por outra banda seguimos a estratexia de non almacenar datos persoais de ningún tipo.
Que tipo de toma de decisións automatizada e/ou perfilado facemos cos datos do usuario
Os usos dos datos recollidos son o mencionado uso estatístico e a detección de SPAM ou Bots maliciosos para protexer aos visitantes e garantizar a saúde do sitio.