Gándaras de Budiño

A Rede Natura 2000 é un conxunto de espazos protexidos destinada a garantir a supervivencia das especies e os seus hábitats. Está composta por milleiros de lugares de alto valor ecolóxico de toda Europa. A Rede Natura 2000 promove que a conservación da natureza beneficie ós cidadans e contribúa ó desenvolvemento socioeconómico dos lugares.

O espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do río Louro sufriu unha grande transformación ó longo dos anos e hoxe en día está totalmente transformada e perdeu unha parte dos seus hábitats e especies. A existencia de varias zonas húmidas e ecosistemas contiguos de moito valor natural pola súa singularidade e escaseza deste tipo de hábitats en Galicia propiciaron a súa inclusión na Rede Natura 2000. Entre os valores naturais que alberga a Zona de Especial Conservación “ZEC Gándaras de Budiño”, destacan os hábitats prioritarios como as turbeiras, os bosques de ribeira e hábitats de interese comunitaria como as breixeiras húmidas, que albergan unha gran biodiversidade. Inclúe varias decenas de especies de prantas, vertebrados e invertebrados protexidos, destacando a flora adaptada a estes hábitats, as poboacións de aves acuáticas e aves de bosque autóctono, anfibios, réptiles, mamíferos e invertebrados.

Dende 2014, socios da SGHN coordinan un programa de actividades medioambientales nas Ribeiras do río Louro, centrado no espazo natural ZEC Gándaras de Budiño, baseado en actividades programadas de voluntariado con periodicidade mensual, xunto cun seguemento do estado ambiental dos ecosistemas por un equipo de voluntarios e colaboradores. As actividades son sen ánimo de lucro, gratuítas, e abertas a calquera persoa interesada, e inclúen un voluntariado medioambiental no espazo natural Ribeiras do Louro-Gándaras de Budiño. O obxetivo é divulgar e poñer en valor os valores naturais e etnográficos do espazo natural e aportar datos para o coñecemento da biodiversidade e o estado ambiental.