Protexendo dende 1983
Inicialmente constituise como unha agrupación local da delegación de Santiago e adoptou o nome de BRIÑAS, en honra ós illotes pétreos fronte Malveiras e Cortegada, as que hoxe forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
As nosas principais actividades céntranse na catalogación da flora e fauna da provincia e xeiras naturalistas, igualmente persoámonos mediante alegacións e propostas diversas naqueles proxectos que teñen relación coa conservación e protección do medio natural na provincia de Pontevedra. Tamén participamos nos censos de aves invernantes, atlas de insectos de Galicia e Atlas de Hérpetos de Galicia entre outros.
Inauguramos e organizamos anualmente as Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade. Coa colaboración de organismos como a UVigo

Na bisbarra de Arousa adicamos especial atención á Illa de Cortegada, a degradación dos ríos Umia e Con, o complexo intermareal Umia-O Grove entre outros. A nivel provincial promovemos a recuperación das Gándaras de Budiño a través do proxecto ValoraNatura así como de diversos LIC provinciais.
Outra das nosas preocupacións son as desfeitas que se fan co arborado urbano, na que podes axudar facendo visible o problema nas redes sociais mediante o hashtag #OsHomesQueNonAmabanAsArbores en fotos de podas agresivas ou usos inaxeitados das árbores. É unha preocupación que compartimos coa conservación da vexetación silvestre no nadal.
Contacta coa delegación de Pontevedra
Últimas dez entradas relacionadas
- Concentración en defensa do Umia
- Ruta divulgativa polo ENIL do Río dos Gafos en Pontevedra con motivo da Semana Forestal 2026
- Dragaxe canle de acceso ao porto de Pontevedra
- Colonia de Cirrios en Vigo
- “El bosque salvaje de Pardomino”, non a perdas!!
- Inscrición VII Xornadas de Patrimonio Natural e Biodiversidade
- Inscrición VI Xornadas de Patrimonio Natural e Biodiversidade
- V Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade
- Sanxenxo: dous erros non fan un acerto
- ENCE, posición SGHN
