O atlas de vertebrados de Galicia, rematado en 1995 e publicado en 1999 polo Consello da Cultura Galega foi o primer atlas sobre vertebrados terrestres elaborado en Galicia. Inclúe todas as especies coñecidas naquel intre de aves, mamíferos terrestres, anfibios, réptiles e peixes continentais.
Supuso un antes e un despois no coñecemento da fauna vertebrada galega, cunha participación de colaboradores voluntarios e altruístras non repetida posteriormente, tanto de socios de SGHN como outros colaboradores.