Novo Atlas de fauna galega:
Atlas e libro vermello de Carabini, Cychrini e Lucanidae (Insecta, Coleoptera) de Galicia
A SGHN ven de publicar un novo atlas, o primeiro en Galicia sobre dous grupos de Carabidos e a Familia Lucanidae (á que pertencen as coñecidas vacalouras).
Este libro nace dun proxecto empezado hai moitos anos e inclúe o estudo doutros grupos de insectos como os odonatos (libélulas e cabaliños do demo) e lepidópteros (bolboretas) que verán a luz proximamente. Paralelamente outros grupos de insectos son obxeto de atención e traballo de campo para publicar os resultados no futuro.
As 164 páxinas do libro están organizadas en varios capítulos introductorios sobre a historia da investigación dos carábidos en Galicia, a bioclimatoloxía básica galega, criterios de traballo e conclusións. Cada especie (consta da revisión de vinte especies) é analizada en un capítulo independiente que recolle un mapa coa distribución coñecida, tanto a bibliográfica como os datos aportados por diversos colaboradores. Faise unha breve revisión da súa distribución galega, ibérica e mundial, a súa bioloxía, requerimentos ambientais, bibliografía revisada e as táboas cos datos dispoñibles, tanto de datos inéditos coma os recollidos de diversas publicacións. Cada capítulo compleméntase cunha análise do seu estado de conservación baixo os criterios da UICN (libro vermello) e unha fotografía da especie tratada.
Compre destacar que esta publicación foi posible gracias ó esforzo altruista dos colaboradores e foi financiada única e exclusivamente cos fondos da SGHN. A súa distribución será gratuita entre os socios e colaboradores e poderá ser mercada directamente na SGHN ou en librarías colaboradoras.