«Só falta que alguén con capacidade de liderazgo e aglutinación de vontades lance o proceso que devolva a Galicia e aos galegos, aínda que sexa en parte, os valores e funcións que se perderon cando se desecou a lagoa de Antela».
D. Blasco
Esta frase de Delmar Blasco (Secretario Xeral da Convención de Ramsar sobre os Humidais, 1994-2002) resume á perfección a filosofía e a finalidade da Sección Antela de SGHN.
A Sección Antela, creouse o 2 de febreiro de 2011 coincidindo coa celebración do día internacional dos humedais e a conmemoración do 40 aniversario da Convención de Ramsar para traballar dentro dun ámbito territorial específico: a comarca de A Limia onde se atopaba, ata a súa desecación, a lagoa de Antela.
Os obxectivos básicos da sección son:
- Coñecer, divulgar e salvagardar os valores naturais e tradicionais da comarca de A Limia, así como buscar a oportunidade de potencialos.
- Compatibilizar a recuperación de humidais e zonas marxinais de A Limia coa explotación agro-gandeira sostible, sen afeccións negativas aos sectores económicos produtivos.
Dentro da estructura da SGHN a Sección autofinánciase. A publicación do conto solidario “A historia de Antela contada por unha cegoña” foi o comenzo dun camiño que culminou cóa adquisición, por parte da SGHN, dun predio de 1,2 ha. na veiga de Vilaseca: “o Humidal Antonio Villarino”. Alí desenvolveuse o proxecto de creación dun humidal estacional para recuperación de alomenos 10 especies de interese.
Simultáneamente, outras xestións fixeron posible dispor doutros espazos onde actuar destacando o aluger de predios ao Banco de Terras de Galicia. A finais de 2017 contabamos con 40 parcelas espalladas pola comarca limiá. Ainda que a maior parte dos térreos son xestionados diretamente pola SGHN en algunhas tense asinados acordos de custodia do territorio con gandeiros locais e particulares.
Apadriña unha parcela (20-30 € / ano) e poderemos manter e aumentar a superficie protexida na Limia.
Noutra liña de traballo, acadouse un acordo de custodia de territorio sobre unha porción de 16 ha. na “Veiga de Gomareite” onde se pretende recuperar a superficie orixinal da veiga mediante a xestión da vexetación e a eliminación dos residuos que ao longo do tempo se foron amoreando neste espacio. As labores realizadas compleméntanse co proxecto de gandeiría en extensivo promovido por un gandeiro local.
Con todo, e grazas a implicación e colaboración de socios e simpatizantes, SGHN Sección Antela está a demostrar que Outra Limia é posible.
SGHN-Sección Antela segue a traballar na consecución de novos acordos
Lembra que se queres ser BEóNFEITOR e contribuir a que medre o proxecto de SGHN-Antela podes contribuir cunha doazón na conta corrente
ES63 2080 0200 4830 4012 7702
- Beón: (nome, botánica). A pranta máis emblemática non só de Antela ou lago Bión/Beón, senón de todo o complexo húmido Limia-Antela.
- Benfeitores: (sustantivo). Os que fan o ben.
- BEóNFEITOR: (nome, neoloxismo). Díse do que fai o ben aos ecosistemas acúaticos de Limia-Antela.
Contacta coa sección Antela
Ultimas 10 entradas relacionadas
- Antela, La Nava e La Janda, un trío de ases
- Proposta de humidal Ramsar na Limia
- III xornada de traballo para a protección do nenúfar con Gemosclera
- As charcas como Recurso Educativo
- II xornada de traballo para a protección do nenúfar branco
- É hora de recuperar Antela
- Tres sociedades científicas presentan alegacións ao proxecto de regadíos na Limia
- XIII Na procura do Abellaruco – 2023 en terras da Mezquita
- Convenio de SGHN e Glemosfera para conservar o nenúfar
- Limia: rivière de l’oubli dans la légende, rivière oubliée dans la réalité