
O traballo de SGHN a prol da botánica galega desenvólvese neste intre a través de proxectos como o Atlas EEI botánica 2017-2022, co que podes colaborar enviando datos de localización e dando a coñecer as fichas identificativas que axudan a recoñecer as especies que se están a asentar nos nosos ecosistemas e os afogan.
SGHN ten un compromiso claro cos montes galegos e considera ás especies de Eucaliptus como especies exóticas invasoras e leva coarenta anos en loita contra os incendios forestais.
Tamén nos preocupa a perda de espazos para especies sensibles. Algunhas das parcelas custodiadas por SGHN Sección Antela protexen activamente ó escaso cardiño da lagoa (Eryngium viviparum J.Gay), especie declarada en perigo de extinción polo Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas.
Outra área de traballo na que podes colaborar é a campaña “Os homes que non amaban ás árbores”. Participar é moi sinxelo:
- Fai unha foto na que se mostre un uso indebido ou pouco respectuoso das árbores que nos rodean.
- Súbea a Instagram co hashtag #OsHomesQueNonAmabanAsArbores.
- Compártea para facer visible este problema.
Ultimas 10 entradas relacionadas
- Liques de Galicia: 53 Gyalecta schisticola
- Liques de Galicia: 52 Collema ryssoleum
- Liques de Galicia: 51 Rinodina beccariana
- Liques de Galicia: 50 Parmotrema reticulatum
- Día do Naturalismo Galego en Ourense
- Liques de Galicia: 48 Usnea articulata (L.) Hoffm.
- Liques de Galicia: 47 Pyrenula chlorospila Arnold
- Liques de Galicia: 46 Hypogymnia tubulosa (Schaer.) Hav.
- Liques de Galicia: 44 Peltigera membranacea (Ach.) Nyl.
- Liques de Galicia: 43 Leptogium cochleatum (Dicks.) P.M. Jor
