No ano 2005, dez anos despois da aparición do Atlas de Vertebrados de Galicia, un grupo de socios vimos a posibilidade de realizar unha actualización desta emblemática publicación, iniciándose polas clases dos anfibios e os réptiles; foi así como xurdiu a formación da Sección de Herpetoloxía.
Esta sección ten por finalidade o estudo, protección e a difusión do coñecemento dos anfibios e réptiles de Galicia e os seus hábitats, así como a denuncia dos factores que producen o seu declive ou incluso a súa desaparición.
Unha vez publicado o Atlas dos Anfibios e Réptiles de Galicia, no ano 2011, continuamos a realizar saídas por toda Galicia e recompilando citas de colaboradores, tanto socios como non socios da SGHN, e facendo actualizacións anuais que estanse a publicar na nosa páxina web.
Ademais, dende o ano 2009 estamos a colaborar coa Asociación Herpetológica Española na elaboración do Programa SARE (Seguimiento de los Anfibios y Reptiles de España), en diversas cuadrículas da Península do Grove.
Igualmente estamos a renovar a galería fotográfica da Sección, para o que sería moi importante contar coa túa colaboración enviándonos fotografías dos nosos anfibios e réptiles, sempre indicándonos o nome da especie e a data e o concello nos que foi realizada a fotografía.
Ultimas 10 entradas relacionadas
- 11ª actualización do Atlas de Hérpetos de Galicia
- Tres sociedades científicas presentan alegacións ao proxecto de regadíos na Limia
- 10ª actualización do Atlas de Hérpetos
- 8ª ACTUALIZACIÓN DO ATLAS DOS ANFIBIOS E RÉPTILES DE GALICIA. Ano 2018
- “Pensa máis aló”
- Fichas de identificación dos anfibios galegos
- 7ª actualización do Atlas de Anfibios e Réptiles de Galicia (ano 2017)