Publicacións

As publicacións da SGHN inclúen diversas revistas, atlas, routeiros e monografías co fin de divulgar a súa actividade, presentar diversas investigacións e fomentar o coñecemento do medio natural galego. A totalidade do importe recaudado pola venda das publicacións e calquera material propio da SGHN destínase ós fins estatuarios da SGHN: estudar, divulgar e protexer o medio natural.

Podes ver unha relación das nosas publicacións (Braña, Paspallás, Resumes das “Quedadas no Museo”, voceiros…) e como adquirilas. Moitas están esgotadas e pódelas obter gratuitamente en pdf. Tamén temos unha páxina cunha relación de publicacións gratuítas non realizadas por SGHN, que consideramos de interese e para a súa divulgación e contamos coa autorización dos autores e/ou entidades patrocinadoras.

Ó prezo de venda engadirase o custe do envío, salvo que se recolla directamente nalgunha das dependencias de SGHN.