O Museo de Historia Natural

O Museo de Historia Natural (MHN) é unha instalación divulgadora e científica á disposición do público. Procede da actividade social da SGHN ou doazóns particulares , e toda a mostra está feita sen dano á Natureza.

O museo está nunha antiga instalación militar, e ten unha estrutura expositiva distribuída en dous andares. No andar baixo está a recepción, o salón de actos, a Biblioteca da Natureza, un aula laboratorio e un corredor e sala de lectura que acollen exposicións temporais. Acolle tamén instalacións de almacenamento, arquivos e conservación das coleccións.

O andar primeiro hai dúas salas, que suman uns de 500 m2, con módulos didácticos atendendo á súa temática, de ambiente terrestre ou mariño.

As dependencias integran un xardín con interesantes especies froiteiras, arbustivas e arbóreas.

O MHN está aberto gratis ao público grazas a un convenio co Concello de Ferrol. As instalacións abre todos os días, agás o día 1 de xaneiro e o 25 de Nadal. O horario é de 9:30-13:30 h e de 16:30-20:30; os meses de xullo e agosto é festivos é de 10-14 h.

O MHN ofrece visitas guiadas a grupos maiores de 5 ou máis persoas baixo demanda, e visitas libres.

O criterio seguido para a formación da mostra expositiva é que ningún animal sexa capturado ilegalmente, nin sacrificado ou danado e ningunha especie esquilmada para a súa mostra, mantendo sempre unhas normas éticas no seu contacto coa natureza, encamiñadas a non alterar o medio.

  • Divulga ti tamén!

    RSS
    Facebook
    Facebook
    Twitter
    Instagram