Con precedentes como a loita contra a instalación da celulosa na beira do Miño, ou a preocupación polos incendios forestais, iniciase a andadura da Delegación en Ourense da SGHN a finais do ano 1980, buscando actuar sobre a degradación paulatina do ambiente e a diversidade natural da provincia de Ourense.
SGHN Ourense abriu novos camiños e foi pioneira en moitos aspectos, entre eles a colocación de niños artificiais para as cegoñas, o estudo dos morcegos na provincia, a defensa da Serra da Enciña da Lastra ata a súa declaración como parque natural; ou o fomento do emprego respectuoso có medio ambiente coa constitución, posta en marcha e xestión da Escola Taller Braña na Ribeira Sacra.
Ao longo dos anos as liñas de actuación abarcaron todos os temas que puideran afectar ao medio natural, afrontándose sempre cós principios do rigor e a independencia.

Exemplos do traballo desenvolvido hai abondo sobre practicamente calquera problema ambiental da provincia de Ourense, e podemos destacar:
- A realización de estudos na natureza como os censos de aves acuáticas invernantes nos encoros e zonas húmidas da provincia xa desde o inicio da Delegación e ata a actualidade,
- Publicacións como “Problemática medioambiental da provincia de Ourense”, “Os Macizos Montañosos Ourensáns” e “Incendios Forestais 1990”.
- Xornadas de divulgación, conferencias, charlas e exposicións.
- Estudos, alegacións, notas de prensa, excursións e tamén saídas de investigación.
- Propostas de actuación ás autoridades con competencias e mesmo intervencións directas da propia SGHN.
- Especial adicación á bisbarra da Limia e lagoa de Antela, dando lugar á creación da sección de Antela.
Máis si hai algo que nos segue a preocupar é a problemática dos incendios forestais en Ourense e Galicia, ao que se ten adicado miles de horas, por eso a día de hoxe o traballo e a loita non poden cesar, e todas as mans e axudas han ser ben recibidas.
Contacta coa delegación de Ourense
Últimas dez entradas relacionadas:
- Día das Aves Migratorias 2023
- “Se non podemos protexer Enciña da Lastra non imos ser quen de protexer nada en Galicia” (1997)
- Celebrando os 50 anos de SGHN-GOG en Enciña da Lastra
- N-120: aprenderán dos erros pasados?
- Conmemoración do día das aves migratorias
- Na procura do abellaruco, 2022
- Día do Medio Ambiente 2022 pola Serra Martiñá
- PORN Parque Natural Baixa Limia e Serra do Xurés
- Poda excesiva na alameda de Allariz
- A propósito das explotacións gandeiras industriais