Os lumes forestais son o maior problema ambiental de Galicia
Tal afirmación baséase en que os incendiarios forestais lévannos costado:
- Vidas humanas
- Vivendas, bens e facendas
- O noso patrimonio forestal
- Incalculables perdas ambientais
- A destrucción da paisaxe de Galicia
- A disminución da biodiversidade galega
- Millóns de euros queimados e absolutamente improductivos
- A hipoteca do noso desenvolvemento futuro e, en fin, a degradación do noso país
Na eliminación dos incendiarios e dos incendios forestais ata agora TODOS TEÑEN FRACASADO. Resulta, pois, evidente que as solucións postas en práctica foron inútiles.
A problemática hai que afrontala coa verdade por diante. Con valentía e intelixencia para ter posibilidades de éxito. Un problema que se repite ano tras ano.
“Os lumes non teñen unha única causa (e moito menos a do “terrorismo” ou a dos “enemigos de Galicia” senón moitas, orixinadas na mesma poboación galega, tanto do campo coma da cidade”
(SGHN, 1983)
“A sorprendente pasividade coa que a sociedade galega contempla este fenómeno, tan só pode deberse a ignorancia do que realmente está a suceder e das súas consecuencias previsibles”
(SGHN, 1985)
Ten solución?
SGHN considera que para avanzar no tratamento da problemática incendiaria precísanse, entre outras, as seguintes actuacións (SGHN, 1990; SGHN, 2006)
- Recoñecer a exclusiva autoría dos galegos na traxedia, única explicación ata a data baseada en feitos probados. Urxe espolear a conciencia popular fronte á máis grave destrucción do medio natural galego e aislar socialmente ós incendiarios.
- Incrementar o detalle dos estudios de causalidade e asignar máis medios (humanos e materiais) para a investigación e publicar os informes.
- Emplegar satélites de teledetección para unha avaliación real do número de incendios e da superficie queimada cada ano. Toda a información oficial sobre número de incendios e superficies queimadas, por ano e concello, debería estar a disposición pública.
- Ordenar racionalmente o territorio e evitar as intervencións ambientalmente «duras» e ineficaces: o problema non se resolverá eliminando o mato, ou abrindo pistas e cortalumes, pois xa é difícil, senón imposible, atopar un só kilómetro cuadrado de Galicia sen unha ou varias pistas, estradas ou cortalumes.
- Implicar a todo o executivo galego e a toda a cidadanía de Galicia na resolución da problemática dos incendios forestais, que non pode ser asunto únicamente dunha Consellería.
- E tamén é preciso aprender da historia: «Sempre que o propietario non teña interese en que haxa árbores na súa facenda, non bastará toda a vixilancia do Goberno para vixilalo» (Barba y Roca, 1789). Hai que aprender a lección e investir máis en sensibilización ambiental e prevención social que en extinción, para desmontar a «economía do lume» creada ó longo dos últimos 20 anos en torno á extinción dos incendios en Galicia.