A Sociedade Galega de Historia Natural naceu en 1973 como Grupo Ornitolóxico Galego (GOG) que, consciente de que a conservación das aves era inseparable da conservación de todo o medio natural, converteuse pouco despois na actual Sociedade Galega de Historia Natural, que dende o primeiro momento contou cunha Sección de Ornitoloxía.
Xa que logo, a Sección de Ornitoloxía da SGHN é a herdeira directa do Grupo Ornitolóxico Galego e segue a desenvolver a liña de actuacións que este comezara.
Desde a súa creación, esta sección coordina e colabora a realización dos censos anuais de aves acuáticas e mariñas invernantes en Galicia, que están sendo publicados na revista Braña e que proporcionan unha información histórica de gran importancia para coñecer a evolución das poboacións invernantes destas aves en Galicia e o estado de conservación da costa e zonas húmidas galegas.
Esta sección ten participado en múltiples estudos sobre as aves de Galicia e a súa conservación, como o Atlas de Vertebrados de Galicia ou o seguimento de especies ameazadas. Tamén mantivo activo, durante moitos anos, un grupo de anelamento científico, chegando a organizar o XI Encontro de aneladores a nivel estatal. A sección de Ornitoloxía ademais ten organizado o V Congreso Galego de Ornitoloxía.

Outra das facetas deste sección é a divulgación e o fomento do coñecemento das aves galegas e a súa problemática de conservación, tanto aos socios como ao público en xeral e para isto ven organizando cursiños e xeiras naturalistas.
Por outra parte a Sección de Ornitoloxía colabora coas delegacións da SGHN na elaboración de documentos, alegacións e denuncias por feitos, proxectos ou normativas que poidan ser lesivas para a conservación das especies de aves en Galicia. Tamén participa na valoración da normativa galega e estatal que afecta á conservación das aves.
A sección Ornitoloxía colabora cos proxectos da sección Antela na recuperación do hábitat da conícora.
Contacta coa Sección Ornitoloxía
Últimas dez entradas relacionadas
- Crime perfecto fronte as costas galegas
- Conmemoración do día das aves migratorias
- Na procura do abellaruco, 2022
- Censo de lugares de cría do cirrio común
- Por Estaca de Bares con Antonio Sandoval
- Na procura do Abellaruco 11.0
- Cegoñas e guindastres
- Ollando a píllara das dunas en Ponzos
- Paxaros e pluma: Bubela
- Xunta persists in the biocide of the turtle dove