Visitas en liña

Esta actividade de divulgación, que o seu centro educativo está a solicitar, é de carácter gratuíto grazas ao patrocinio do Concello de Ferrol en base ao convenio de colaboración subscrito entre este e o Museo de Historia Natural da SGHN (en adiante MHN). A Deputación da Coruña colabora nesta actividade durante o mes de decembro. Esta mesma será baixo demanda do centro educativo, que deberá acordar previamente co MHN a data e a hora de conexión, así como o contido a expoñer.

ALUMNADO EN SITUACIÓN DE CONFINAMENTO: Poderá realizar a pertinente conexión ao mesmo tempo que se fai dende a súa aula. En todo caso, a ligazón de conexión deberá ser compartida con este alumnado polo seu propio centro educativo logo de conectar co MHN.

As conexións en liña (mediante plataformas ‘Jitsi Meet’, ‘Google Meet’,…) serán de martes a venres durante o horario sinalado máis abaixo. Serán nunha sesión de clase por concretar para tratar brevemente un tema relacionado coa actividade divulgativa do museo, e que contempla as seguintes opcións a elección do centro educativo:

  • A) Visita guiada ao MHN en directo dende a clase. Esta será con carácter monográfico sobre mostras determinadas: mamíferos terrestres, aves, cetáceos, insectos, crustáceos, cunchas,…
  • B) Consulta ao museo en liña. A consulta*** remitirase previamente ao enderezo electrónico museo@sghn.org e con posterioridade atenderase esta por vídeo conferencia segundo a cita acordada.

Horario das visitas en liña co Museo de Historia Natural:

  • Mañáns: martes a venres de 9:30 a 13:30
  • Tardes: martes a xoves de 16:30 a 20:30

Recomendacións dende MHN:

  • Comprobación previa da correcta cobertura da rede de datos da aula onde se dispoña a conexión.
  • Comprobación previa das conexións para imaxe e son no equipamento da aula.
  • Momentos antes da conexión, enviaremos dende o MHN un correo ao enderezo facilitado pola/o docente cunha ligazón dende a que se fará a conexión. Cómpre estar alerta para cando este se reciba.

Ligazón ao formulario para solicitude de visitas en liña

Enlace al formulario en castellano para la solicitud de visitas en línea

Museo de Historia Natural de SGHN en Ferrol