18 anos de ciencia cidadá sobre os hérpetos de Galicia, con case 34.000 rexistros de hérpetos. En anfibios 20.208, dos cales 3.038 (15,03%) son datos non repetidos, e de réptiles 13.567 datos totais aos que lles corresponden 2.744 datos non repetidos, 20,23%. Velaquí a imaxe máis completa e actualizada sobre a situación dos hérpetos en Galicia que está a desenvolver a nosa sección de herpetoloxía.
Traducido a feitos o lema de SGHN dende hai 50 anos: estudar, divulgar, defender e conservar o patrimonio natural galego (preme aquí para descargar o PDF).
Nesta actualización engadimos unhas gráficas de avistamentos por mes e máis unha de avistamentos por altitude, dividida en segmentos de 400 en 400 metros, onde se indicará a altitude máxima na que se atopou cada especie.
Saliantamos o cambio de nome nunha das especies de réptiles de máis reducida distribución en Galicia, o escáncer cego que, anteriormente denominábase Blanus cinereus e actualmente é Blanus rufus; a distribución de B. cinereus queda restrinxida ao sur da Península Ibérica.
En canto aos datos de distribución obtivemos unha segunda cita de cobra de Esculapio (Zamenis longissimus) no concello de Sober (Lugo).