Seguimos a celebrar o Día das Aves Migratorias

O mércores 29/05/2024 e dentro das actividades de celebración do Día das Aves Migratorias, a Delegación de Ourense da SGHN colaborou nunha Xornada de convivencia coa Asociación Dano Cerebral Adquirido e os Ecovixiantes de Franciscanas, coa participación da Aula da Natureza do Concello de Ourense.

Ao longo de dúas horas, o noso consocio Antonio Ferreirós ofreceu unha distendida e participada charla sobre aves e flora, e colocáronse dúas caixas niño no entorno. Foi unha magnífica experiencia e unha preciosa xornada de convivencia, que, de seguro, temos que repetir.