Exposición de acuarelas no MHN-Ferrol

Nacho Sevilla expón este agosto unha selección das súas acuarelas de aves no Museo de Historia Natural de Ferrol.

Unha boa ocasión para admiralas presencialmente e de paso visitar o Museo de Historia Natural da Sociedade Galega de Historia Natural en Ferrol.

Aberto todas as mañás do mes entre 10:30-14:00 h.