Saída aos xardíns de Ferrol

Xa temos aquí de novo a saída aos xardíns de Ferrol da mán da SGHN

Un ano máis, o vindeiro sábado 5 de outubro faremos baixo o patrocinio da Concellería de Educación do Concello de Ferrol, a saída guiada dende a delegación polos xardíns históricos da cidade. Será coma sempre dentro da actividade “A Biblioteca sae ao medio: interacción libro-natureza“.

O paseo partirá ás 11:00 h dende a Praza das Angustias e conta cun percorrido de 2,87 km no que revelaremos algunhas das especies de flora e fauna que comparten os máis antigos dos xardíns urbanos da cidade de Ferrol, e onde descubriremos a vida dentro do ambiente urbano.

Importante

  • Punto de encontro: https://maps.app.goo.gl/sYtBZbkyrakiSwnt8
  • Hora de inicio: 11:00 h.
  • Máx. 20 persoas + guía.
  • Inscrición obrigatoria para participar:
    • Teléfonos 698 141 384 – 881 931 315.
    • Necesario aportar nome, apelidos e DNI para suscribir un seguro de responsabilidade civil nominativo para cada participante.
  • Os menores de idade deberán asistir acompañados por unha persoa adulta.
  • Recomendamos roupa e calzado cómodos e acordes coa meteoroloxía, así como paraugas, bebida e crema solar se procedese.