Conferencia do ciclo “Xuntanzas Naturalistas”

A delegación de Ferrol ofrece a seguinte conferencia dentro do seu ciclo “Xuntanzas Naturalistas” que ten lugar baixo o patrocinio da Deputación da Coruña.

Nesta conferencia prevista para o venres 11 deste mes de outubro, a Doutora Sandra Goded, licenciada en Biolóxicas pola Universidade de Edimburgo en Reino Unido e doutorada pola USC, impartirá unha interesante conferencia titulada “Efectos de prácticas forestales sobre la biodiversidad en el Noroeste ibérico“.

A investigadora e cofundadora da asociación Quercus Sonora, impartíu multitude de conferencias e participou en decenas de congresos nacionais e estranxeiros divulgando e concienciando na necesidade de conservación do bosque autóctono e a agricultura sostible, así como dos seus efectos sobre a biodiversidade.

A actividade terá lugar o venres 11 de outubro ás 19:30, no auditorio do Museo de Historia Natural en Ferrol. Lembrade que a entrada é de balde ata completar aforo.