Nova visita ao medio natural!

A delegación de Ferrol da SGHN organiza, baixo o patrocinio da Deputación da Coruña, a primeira saída ao medio dentro do seu programa “𝙊𝙪𝙩𝙤𝙣𝙤 𝙣𝙖𝙩𝙪𝙧𝙖𝙡𝙞𝙨𝙩𝙖”. Neste caso, trátase dunha 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗻𝗼𝗰𝘁𝘂𝗿𝗻𝗮 𝗲𝗻 𝗘𝘀𝗺𝗲𝗹𝗹𝗲 (𝗙𝗲𝗿𝗿𝗼𝗹, 𝗔 𝗖𝗼𝗿𝘂ñ𝗮).

Esta actividade gratuíta será co fin de observar a fauna nocturna, como son os morcegos e avenoiteiras desta parroquia, e dará comezo 𝗮𝗼 𝘀𝗼𝗹𝗽𝗼𝗿 𝗱𝗼 𝘃𝗶𝗻𝗱𝗲𝗶𝗿𝗼 𝘀á𝗯𝗮𝗱𝗼 26 na parroquia de Esmelle (Ferrol, A Coruña). Para a inscrición, é preciso contactar -𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗱𝗮𝘀 10:00 𝗵𝗼𝗿𝗮𝘀 𝗱𝗼 𝘃𝗲𝗻𝗿𝗲𝘀 25- coa delegación de Ferrol, no correo electrónico 𝗳𝗲𝗿𝗿𝗼𝗹@𝘀𝗴𝗵𝗻.𝗼𝗿𝗴 

Esta actividade é de 𝗗𝗜𝗙𝗜𝗖𝗨𝗟𝗧𝗔𝗗𝗘 𝗕𝗔𝗜𝗫𝗔-𝗠𝗘𝗗𝗜𝗔, e recomendamos levar calzado tipo montaña, ou no seu lugar botas de auga así como roupa acorde coa meteoroloxía prevista.

NOTA: o seguinte sábado 2 de novembro, a delegación de Ferrol organizará novamente esta mesma saída pero con carácter diúrno, co fin de contrastar o observado en ambas saídas.