O Museo de Historia Natural en Semana Santa

Visitas guiadas en Semana Santa

O Museo de Historia Natural de Ferrol, con motivo da Semana Santa 2025, organiza visitas guiadas gratuítas. Serán tanto na mañá como na tarde do martes 15 de abril e o mércores 16 de abril, en dúas quendas de mañá e unha de tarde, de 1 hora de duración.

  • Quendas de mañá:
    • 1ª quenda de 10:30 a 11:30 horas.
    • 2ª quenda de 12:00 a 13:00 horas.
  • Quenda de tarde de 17:30 a 18:30 horas.

Límite máximo de 20 persoas por grupo. Non será precisa inscrición previa. Só presentarse no museo uns minutos antes do comezo da cada quenda de visita elexida.

Horario durante Semana Santa

O horario de atención ao público do Museo de Historia Natural de Ferrol durante a Semana Santa 2025 (12 – 20 abril) será o seguinte:

  • Luns pechados.
  • Sábado 12, Martes 15, Mércores 16 e Sábado 19 de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 horas.
  • Domingo 13, Xoves 17, Venres 18 e Domingo 20 de 10:30 a 14:00 horas.

Máis información escribindo ao correo electrónico museo@sghn.org ou chamando aos teléfonos 698 141 384 e 881 93 13 15.

Estas visitas guiadas que organiza o Museo de Historia Natural son gratuítas, ao estar patrocinadas pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol.

  • Divulga ti tamén!