Día do naturalismo galego 2025

Este ano a SGHN celebrou o Día do Naturalismo (9 de marzo) pola Terra do Medio, a Ulloa, para coñecer mellor e de primeira man os valores naturais deste espazo e os riscos derivados da implantación do proxecto de Greenfiber.

O día amenceu gris con predición de choivas, esto non desanimou ás persoas anotadas para a actividade que foron concentrándose no punto de encontro dende onde se iniciou a xornada da man dos compañeiros: Xabier e Serafín quenes foron aderezando a xornada e aportando datos obxectivos sobre os valores ambientais do lugar e ofrecendo información polo miúdo sobre o proxecto e as súas consecuencias.

A ZEC Serra do Careón

Iníciouse a xornada ao carón da serra do Careón, un espazo catalogado como zona especial de conservación (ZEC) e que abrangue á serra do Careón e ás concas dos ríos Furelos e Seco, que chegan ao río Ulla polo sur da serra, onde ademáis estaba previsto ampliar a Rede Natura. Como nos contan, éste é un territorio de singular rareza xeolóxica: o complexo de rochas ultramáficas do Careón moi serpentinizadas nas que aparecen plantas endémicas cuxa área de distribución mundial limítase a uns poucos km2 nos que se atopan estas rochas. En concreto, estes raros endemismos, catalogados como “En perigo de extinción” son:

  • A santolina de Melide (Santolina melidensis)
  • A herba de namorar de Merino (Armeria merinoi) 
  • A magarza de Barazón (Leucanthemum gallaecicum)

Especies as que se engade a Centaurea gallaecica, considerada como “Vulnerábel” no Catálogo galego de especies ameazadas.

Ao carón da finca de Quintas

No bordo da finca das Quintas, onde Greenfiber pretende instalar a planta de celulosa, coñecemos algo máis en profundidade o proxecto e algúns dos efectos máis críticos dende o punto de vista ambiental, como a ocupación dun espazo onde se atopan hábitats de interese prioritario da Unión Europea, a incidencia sobre a calidade do ar, a necesidade de incrementar a superficie de eucalipto para o suministro de materias primas, a incidencia sobre a auga máxime cando se prevé realizar unha captación a gran distancia do punto de utilización e a devolución dunha parte “de mellor calidade” (sic) aínda que algo “quentiña” ao río, a posible afección a especies acuáticas como a toupa de río (Galemys pyrenaicus) ou a náiade (Margaritifera margaritifera) e a afección a un grande número de explotacións agrogandeiras moitas delas en ecolóxico e a diversos pequenos negocios hosteleiros.

Sin entrar en máis detalles, por todo, dende SGHN repetimos Altri NON: A NOSA TERRA, O NOSO FUTURO.

Acto reivindicativo no Balneario de Pambre

Repostas as forzas cun bó xantar, a primeira hora da tarde, tal e como estaba previsto, realizouse un pequeno acto reivindicativo no Balneario de Pambre coa Plataforma Ulloa Viva e máis có Instituto de Estudos Ulloáns reforzando a oposición frontal á instalación da fábrica de Altri.

Xa todos xuntos camiñamos dende o Balneario ata o Castelo de Pambre pola senda do río entre as explicacións sobre a biodiversidade e os valores naturais do lugar. Pasada a ponte que cruza o río, sen pagar tributos como antano, chegamos ao Castelo de Pambre un lugar que, para moitos dos presentes, é un símblo de resistencia e onde, despois de explicar os principais elementos construtivos do castelo houbo tempo para repasar a historia e narrar algunha que outra anécdota dos seus moradores.

E así foi resumidamente como se viviu o Día do Naturalismo de 2025, coñecendo o noso patrimonio natural, histórico e cultural e amosando o noso rexeitamento á implantación do complexo industrial de Altri.

Moitas grazas a todos os participantes e especialmente ás persoas que tiveron a ben compartir os seus coñecementos e as súas inquedanzas.

  • Divulga ti tamén!