O Museo de Historia Natural de Ferrol da SGHN organiza, co patrocinio do Concello de Ferrol, a conferencia “Etnobotánica do Courel” que terá lugar o vindeiro venres 19 de setembro ás 19:30 horas no auditorio do Museo de Historia Natural de Ferrol, Praza de Canido, s/n.
A conferenciante é María Moure de Oteyza, Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo a súa Suficiencia Investigadora (diploma DEA) e pasou unha longa tempada no Courel estudando a relación das xentes coas plantas dende o aspecto patrimonial e etnográfico.
Este traballo levoulle a publicar en novembro de 2020 o seu primeiro libro: “María das Herbas e as Herbaxeiras do Caurel”. Crónica da Cultura Popular dunha Terra Extraordinaria, obra que tivemos o gusto de presentar no Museo no ano 2021.
A actividade do Museo de Historia Natural da SGHN é posible grazas ás cotas das persoas socias, ás doazóns do público visitante e ao patrocinio do Concello de Ferrol.
- DATA: venres 19 de setembro de 2025
- HORA: 19:30
- LUGAR: Auditorio do Museo de Historia Natural de Ferrol
- ORGANIZA: Museo de Historia Natural de Ferrol da SGHN
- PATROCINA: Concello de Ferrol

