Xuntanzas naturalistas: Asociación Betula

Betula, Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico é unha asociación que procura a conservación e recuperación do patrimonio natural, cultural e paixasístico a través da Custodia do Territorio.

O venres 3 de outubro teremos no salón de actos do Museo da Sociedade de Historia Natural a varios representantes da directiva da asociación Betula para contarnos como xurde a asociación, as accións realizadas e como a través da Custodia do Territorio se pode conservar e recuperar o patrimonio natural, cultural e paixasístico. Contarán as melloras realizadas en varias parcelas que custodian, os avances e os problemas que xurden na conservación.

  • Divulga ti tamén!