Lycaena bleusei en Enciña da Lastra

O Parque Natural de Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense) contén unha ampla e variada representación de bolboretas, chegando a 109 especies identificadas.

            A partir dunha visita ó PN para avaliar a afectación do mesmo na vaga de lumes forestais de agosto de 2025, foi identificada unha femia de Lycaena bleusei dentro dos límites do parque natural, incorporando unha nova especie de bolboreta a esta importante espazo natural. Esta nova información a podes ampliar na nota publicada na Revista BRAÑA.

     Esta nova especie no parque natural eleva a 110 as especies de bolboretas confirmadas no O Parque Natural de Enciña da Lastra.

       

  • Divulga ti tamén!