O portal Rare Bird Alert fixo unha referencia a un estudo no que participou o Museo de Historia Natural sobre os cambios na nidificación da gaivota patiamarela en Galicia. A especie está a modificar os seus patróns tradicionais, abandonando illas e cantís para instalarse en illotes baixos e contornas urbanas antes inéditos.
Estes cambios prodúcense tras a redución dos picos poboacionais de finais do século XX, asociada ao peche dos vertedoiros periurbanos e á diminución doutros recursos alimentarios, como os descartes da pesca. O estudo destaca ademais o papel pioneiro da patiamarela na formación de colonias mixtas, facilitando o asentamento doutras especies e contribuíndo á súa protección, o que axuda a revisar a percepción da especie como unha praga.
Para acceder a entrevista da COPE de Ferrol ao director do estudo, Dr. Alejandro Martínez Abraín (UDC), preme aquí. Para acceder ao artigo de Rare Bird Alert preme aquí.

