Ponteceso: dous erros non fan un acerto

Un anacronismo non corrixe outro

SGHN ven de emitir o seu informe na tramitación ambiental do anteproxecto OH.415.1322 “Melloras estruturais para reducir o risco de inundación na ARPSI ES014-CO-10-01-01 RÍO ANLLÓNS. Ampliación das canles urbanas con aliviadoiros e eliminación dos recheos antrópicos. Ponteceso (A Coruña).”

Moi atinadamente, o anteproxecto recoñece que “A ocupación anacrónica do asentamento de Ponteceso deu lugar a unha zona moi exposta a dous tipos de inundacións compostas na actualidade”, nas que o efecto das mareas combínase “fronte a Ponteceso” co das enchentes do Anllóns e “detrás de Ponteceso” co das enchentes dos tres regos de Bouzas e Ponteceso.

Algunhas das medidas contempladas para resolver o problema son moi acertadas para laminar as enchentes. É o caso da eliminación do recheo antrópico da lagoa na área do campo de fútbol e xunto ao rego de Ponteceso. Tamén o da conexión entre marismas na marxe dereita do río Anllóns, nas Xunqueiras de Anllóns, mediante rebaixe do terreo dende a cota 3,5 m á de 1,4 mnuns 1,900 m2 de recheos antrópicos.

Pero, moi lamentablemente, a estas alturas do século XXI o anteproxecto aposta por unha medida anacrónica: recrecer a mouteira da marxe dereita do río Anllóns no seu trazado actual, desbotando medidas hidrolóxica e ambientalmente moi acertadas que se contemplaban na “alternativa 4 do Río Anllóns” e que SGHN solicita que se recuperen:

  • Recuperar as xunqueiras e a comunicación entre chairas de marea, permitindo un mellor fluxo das augas e unha mellor protección do pobo fronte ás inundacións causadas polo río Anllóns.
  • Retranquear e redimensionar as mouteiras interiores da marxe dereita do río Anllóns.
  • Eliminar o recheo Sur da ponte de Ponteceso e ampliar a ponte (eliminar recheos AC-429 + novo tramo ponte 140 m).
Alternativa 4 do Río Anllóns desbotada no anteproxecto
  • Divulga ti tamén!