Eclipse solar e Perseidas

A Sección de Astronomía e Contaminación luminica de SGHN organiza unha xornada astronómica para a observación do eclipse total de sol o vindeiro mércores 12 de agosto no concello de Muras. A presentación oficial deste evento realizarase o luns 10 de agosto ás 18:00 horas na casa do Concello de Muras.

Así mesmo, como ven sendo habitual todos os anos, tras a cita do eclipse haberá tamén a tradicional xornada de observación astronómica das Bágoas de San Lourenzo (Perseidas).

  • Divulga ti tamén!