O vindeiro sábado 12 nas Mirandas (ría de Ares) terá lugar unha actividade de interpretación do medio intermareal organizada pola Delegación de Ferrol da SGHN e subvencionada pola Deputación da Coruña.
A saída, cunha duración dunhas 3 horas e para se precisan botas de auga, estará guiada polos biólogos Joam Luis Ferreiro Caramés e Juan Trigo.
A hora e lugar de encontro será ás nove e media (9:30 h) da mañá no paseo de Ares, no cruce da Praza Sánchez Barcaiz coa Avenida do Tenientehttps://maps.app.goo.gl/ErCypNv65fg6gsz66 para trasladarnos posteriormente á praia das Mirandas.
IMPORTANTE: Esta actividade é de dificultade media por tratarse dun terreo rochoso. O límite será de 20 participantes, sendo preciso inscribirse antes do xoves 10 ás 18:00 horas no correo electrónico ferrol@sghn.org aportando datos como son o nome, apelidos, DNI e teléfono para xestionar o seguro.

