SGHN participou de maneira activa na concentración en defensa do río Umia e en contra do encoro que se realizou no río pola zona da praia fluvial de Cabanelas, en Ribadumia, que se celebrou o domingo día 13 de setembro, coa participación de diferentes entidades ambientalistas, asociacións e partidos políticos.




Esta represa está orientada á captación de auga para os habitantes das urbanización privadas situadas na Illa de A Toxa e tamén para o campo de golf. Esa construción, medioambientalmente, é un completo desastre, porque afectará gravemente a toda a fauna e flora acuática e de ribeira, especialmente aos peixes que teñen que remontar o cauce do río para a súa reprodución.




