Filtracións na balsa de lodos vermellos de ALCOA

Desde hai tres días estanse a producir filtracións continuas no sector norte do dique de cola da balsa de lodos vermellos de ALCOA a 75 m de distancia das casas máis próximas de Aldea de Arriba (parroquia de Morás, Xove).

A vertedura destes residuos perigosos constitúe un risco inaceptable para a saúde dos veciños e o medio ambiente, polo que SGHN ven de denunciar os feitos diante do SEPRONA, Augas de Galicia e o Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en Lugo. Nas denuncias, SGHN solicita que investiguen os feitos e adopte todas medidas posibles dentro das súas competencias legais para esixir que rematen ditas filtracións, se repoña a legalidade vixente e se sancione a ALCOA pola vertedura ao medio destes residuos perigosos.

Qué son os lodos vermellos?

Os lodos vermellos son residuos perigosos (no caso de ALCOA todas as mostras analizadas os cualifican como corrosivos ou irritantes), con pH moi alcalino, orixinados durante produción de alúmina a partires de bauxita polo proceso Bayer. A produción de 1 kg de alúmina conleva a xeración de entre 0,4 e 2 kg de lodos vermellos (Padhan e Paul, 2025). No caso da planta de ALCOA -a única en España- a xeración de lodos estaría no treito máis elevado deste rango (2 kg lodos/1 kg alúmina) de acordo coa información oficial (máis…)

  • Divulga ti tamén!