Un ano máis, o vindeiro sábado 17 de outubro faremos, baixo o patrocinio da Concellería de Educación do Concello de Ferrol, a saída guiada polos xardíns históricos da cidade. Será coma sempre dentro da actividade “A Biblioteca sae ao medio: interacción libro-natureza“.
A actividade, organizada pola Delegación de Ferrol, partirá ás 11:00 h nun percorrido de 2,87 km, no que revelaremos algunhas das especies de flora e fauna que comparten os máis antigos dos xardíns urbanos da cidade de Ferrol e descubriremos a vida dentro do ambiente urbano.
Importante
- Punto de encontro:https://maps.app.goo.gl/7XRz8Eu3ab24Sfkg8
- Hora de inicio: 11:00 h.
- Máx. 20 persoas + guía.
- Inscrición obrigatoria para participar:
- correo electrónico: ferrol@sghn.org
- Necesario aportar nome, apelidos e DNI para suscribir un seguro de responsabilidade civil nominativo para cada participante.
- Os menores de idade deberán asistir acompañados por unha persoa adulta.
- Recomendamos levar auga, roupa e calzado cómodos e acordes coa meteoroloxía, así como paraugas de ser necesario.

