Espartes: crónica da candorca ibérica

30/10/2026. 19:30 h.
𝗔𝘂𝗱𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼 𝗱𝗼 𝗠𝘂𝘀𝗲𝗼 𝗱𝗲 𝗛𝗶𝘀𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗡𝗮𝘁𝘂𝗿𝗮𝗹 𝗱𝗮 𝗦𝗚𝗛𝗡

“𝗘𝗦𝗣𝗔𝗥𝗧𝗘𝗦: crónica da candorca ibérica”

Un documental de 𝘚𝘦𝘢 𝘚𝘩𝘦𝘱𝘩𝘦𝘳𝘥 𝘍𝘳𝘢𝘯𝘤𝘦.
Escrito e dirixido por 𝗠𝗮𝗿𝗰 𝗡𝗶𝗲𝘁𝗼 e 𝗧𝗵𝗼𝗺𝗮𝘀 𝗟𝗲 𝗖𝗼𝘇.
Narración de 𝗝𝗼𝘀é 𝗖𝗼𝗿𝗼𝗻𝗮𝗱𝗼.

A poboación de candorca ibérica está en perigo crítico de extinción e o comportamento disruptivo iniciado en 2020, de interacción cos veleiros, intriga ao mundo enteiro. A película introdúcenos sobre a realidade dun fenómeno que se volveu mundialmente mediatizado. 𝗘𝗦𝗣𝗔𝗥𝗧𝗘𝗦 é o nome que reciben as candorcas no estreito de Gibraltar, mais tamén consérvase no léxico da especie na costa de Galicia.

𝘚𝘦𝘢 𝘚𝘩𝘦𝘱𝘩𝘦𝘳𝘥 𝘍𝘳𝘢𝘯𝘤𝘦 realiza dende o ano 2024 campañas estacionais de seguimento das candorcas no estreito e tomou contacto coas mandas e con toda a problemática. Deste xeito contactou con CEMMA/GTOA que leva rexistro dos encontros (interaccións e avistamentos) dende o inicio. Na película dáselle voz a diferentes expertos para explicar e desvelar este misterioso comportamento.

ESPARTES está sendo proxectada en diferentes foros, sendo o Museo de Historia Natural en Ferrol a primeira proxección en Galicia.

Acompañarán á proxección os investigadores da CEMMA Alfredo López e Mónica González, membros de CEMMA/GTOA, que intervirán na presentación inicial e no coloquio posterior.

As actividades do Museo de Historia Natural da SGHN son posibles grazas ao convenio asinado coa Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, ás cotas das persoas socias da SGHN, e ás doazóns do público visitante do museo.

  • Divulga ti tamén!