Actividade 𝗼𝗿𝗴𝗮𝗻𝗶𝘇𝗮𝗱𝗮 𝗽𝗼𝗹𝗮 𝗦𝗚𝗛𝗡 no seu 𝗠𝘂𝘀𝗲𝗼 𝗱𝗲 𝗛𝗶𝘀𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗡𝗮𝘁𝘂𝗿𝗮𝗹
𝗩𝗲𝗻𝗿𝗲𝘀 6 𝗱𝗲 𝗻𝗼𝘃𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼, á𝘀 19:30 𝗵.
A obra, publicada en 2026 pola Asociación Herpetológica Española (AHE), foi editada e escrita por Fernando Martínez-Freiría (Profesor de Zooloxía da USC e herpetólogo), en colaboración con outros seis herpetólogos galegos entre os que se atopa o noso coordinador da Sección de Herpetoloxía da SGHN Moisés Asensi-Cabirta, co que contaremos no acto de presentación da obra.
No libro, os autores tratan a problemática da conservación da herpetofauna en Galicia, avaliando as súas ameazas e o estado de conservación das 14 especies de anfibios e 26 de réptiles presentes no noso territorio, seguindo os criterios do Catálogo Galego de Especies Ameazadas e da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
𝗘𝗻𝘁𝗿𝗮𝗱𝗮 𝗹𝗶𝗯𝗿𝗲 𝗮𝘁𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗹𝗲𝘁𝗮𝗿 𝗮𝗳𝗼𝗿𝗼.
As actividades do Museo de Historia Natural da SGHN son posibles grazas ao convenio asinado coa Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, ás cotas das persoas socias da SGHN, e ás doazóns do público visitante do museo.

