“Un mar de curiosidades”

  • PRESENTACIÓN DO LIBRO “UN MAR DE CURIOSIDADES” DE JAVIER GARCÍA GALDO
  • DATA: Venres 20 de novembro
  • HORA: 19:30
  • LUGAR: MUSEO DE HISTORIA NATURAL DE FERROL
  • Acompañará ao autor o biólogo mariños Joám Luís Ferreiro Caramês (Cesio)

“Un mar de curiosidades” nace co obxectivo de dar a coñecer biodiversidade dos nosos mares, e comprender mellor o océano e os seus habitantes. Porque o que non se coñece non se pode respectar nin amar. Javier García Galdo fálannos da curiosidade humana como una ferramenta para evolucionar, e para descubrir os misterios que agocha a inmensidade azul. A obra está dividida en 4 capítulos. “Seres”, “Comportamentos” “Fenómenos” e “Historias”. Propoñendo 40 curiosidades acompañadas polas ilustracións feitas por Roque Araujo, que axudan a súa comprensión. Cuestións como: Existen unicornios no mar? Os peixes poden cantar? E certo que hai ondas cadradas? ou Existen humanos adaptados a vida baixo o auga? Con respostas claras pero baseadas no rigor da ciencia. En cada páxina pódese aprender sobre os misterios do grande azul e comprender porque debemos coidalo.

  • Divulga ti tamén!