Nesta páxina incorporamos varios exemplos gráficos de podas inadecuadas. Lamentablemente este non é un problema que se poda considerar exclusivo dun ou outro concello, estas actuacións non distinguen entre concellos, outras administracións e particulares. O noso obxectivo é que vendo estes exemplos, comúns á meirande parte da nosa xeografía, aprendamos novos criterios de valoración estéticos que nos permitan valorar outras posibilidades.
![Típica deformación "cabeza de gato" por poda incorrecta](https://sghn.org/wp-content/uploads/2018/04/pontevedra_arborado_cabeza_de_gato-220x300.jpg)
Típica deformación “cabeza de gato” por poda incorrecta
![Árbore estrangulado por falla de espazo](https://sghn.org/wp-content/uploads/2018/04/pontevedra_arborado_gabia-300x225.jpg)
Árbore estrangulada por falla de espazo
![Inxeniosa árbore de lata sustituindo os orixinais de madeira](https://sghn.org/wp-content/uploads/2018/04/pontevedra_arborado_lata-300x191.jpg)
Inxeniosa árbore de lata sustituindo os orixinais de madeira
![Podredumbre causada por rotura de pola ou poda moi agresiva](https://sghn.org/wp-content/uploads/2018/04/pontevedra_arborado_podre-216x300.jpg)
Podredumbre causada por rotura de pola ou poda moi agresiva
![]() Árbores novas, cunha poda innecesaria. O seu medrar nin prexudica a outras especies, nin reduce as vistas do lugar. |
||||
Desmoche brutal por segundo ano consecutivo na estrada N-550, entre Arcade a Pontevedra, paralela á vía do tren. Trátase de tres Platanus hybrida sen problemas aparentes que foron mutilados sen xustificación. Anos depois (2010) recuperaron a follaxe pero mantense deformados e debilitados. Co tempo aparecerán fungos e o debilitamento das raizames facilitará a caída da árbore. | ![]() |
|||
Poda agresiva con cortes de polas de ate 15 cm de diámetro. Isto vai provocar que se formen tecidos deformados polas cicatrices das cortas e de seguir este tipo de poda, formaranse as denominadas cabezas de gato. | ![]() |
|||
Decote practicamente total. Os Platanus hybrida desta avenida paralela ó río Lérez (Pontevedra) sofren continuas accións deste tipo, o que provocou a putrefacción e morte de moitos exemplares. | ![]() |
|||
Típica poda agresiva sen argumentación técnica nen estética. Rúa Manuel del Palacio. Pontevedra. nadal 2001. | ![]() |