O ceo en xuño de 2019

Efemérides

  • Día 1: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 3: Ás 10:03 h Lúa Nova.
  • Día 4: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 5: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 8: Choiva de meteoros: Ariétidas Diurnas, comezan o 14 de maio ata o 24 de xuño, cun máximo de 30 por hora o día 8. Proceden dos restos do asteroide 1566 Icarus.
  • Día 10: Ás 06:01 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 16: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Sía 17: Ás 08:32 h Lúa Chéa.
  • Día 18: No solpor conxunción de Mercurio e Marte a 0,2º.
  • Día 19: A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 20: Mercurio e Venus a só 2º.
  • Día 21: Ás 15:40 h comenza o verán no hemisferio norte, inverno no sur.
  • Día 25: Ás 09:48 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 27: Choiva de meteoros: Bootidas de Xuño, activas entre o 22 e o 30 de xuño, cun máximo variable o 27. Proceden do Cometa 7P/Pons-Winnecke, e teñen o seu radiante en Bootes.
  • Día 30: Aniversário da caida en Tunguska (Siberia) en 1908, dos posibles restos dún cometa. As consecuencias son visibles ainda hoxe.
Ceo o 15 de xuño ás 24 h, mirando cara ao sur

Planetas

  • Mercurio en Xéminis con magnitude 0,18, visible 1 hora despois do solpor.
  • Venus en Tauro con magnitude -3,32, visible media hora antes do amencer.
  • Marte en Xéminis con magnitude 1,99, visible 1 hora depois do solpor.
  • Xúpiter en Ofiuco magnitude -2,15 visible toda a noite.
  • Saturno en Saxitario magnitude 0,39, visible despois da media noite.
  • Urano en Aries magnitude de 6,2, visible dúaas horas antes do amencer.

Cometas

Dada a súa magnitude superior a 10, os cométas deste mes son difícilmente observables.